Este ano logrei quitar praza na oposición para mestres e non quería deixar pasar a ocasión sen agradecerllo á miña preparadora.
Non soamente por conseguir a praza, se non pola forma na que nos ensinou, ademais de aprender conceptos en canto ao temario de Audición e Linguaxe, tamén aprendín sobre robótica, códigos QR, realidade aumentada, metodoloxía ABP, etc, o cal me valeu de moito para elaborar o meu plan de apoio. Pero o máis importante para min foi o clima creado nas súas clases, proporcionando unha atención individualizada e unha forma de ensinar que ata o de agora non vira (e iso que xa pasei por varios preparadores), desfrutei como nunca asistindo ás súas clases nun ambiente distendido, lúdico e moi motivador. De feito este foi o primeiro ano que non me pesaba ir á academia, xa que o pasei en grande.
Foi un ano espectacular, desfrutei aprendendo, asistindo ás súas clases, expoñendo casos prácticos e facendo defensas, e quitei a praza!
Mil grazas!