O PLAN de APOIO para Audición e Linguaxe e Pedagoxía Terapéutica

Plan de apoyo AL pt

Os exames de oposición a mestre na Comunidade Autónoma de Galicia contan con dúas probas. A segunda delas comeza coa entrega dun documento que na especialidade de Audición e Linguaxe, ao igual que en Pedagoxía Terapéutica e outras, coñecemos como Plan de Apoio. Vamos ver como deseñar o plan de apoio para Audición e Linguaxe e Pedagoxía Terapéutica.

Este plan non é ningún documento oficial nin hai unha base lexislativa que obrigue a contar con el entre os documentos do centro, máis a filosofía e a practicidade do mesmo fai del un referente na organización da atención dos especialistas de apoio.

ESTRUTURA DO PLAN DE APOIO

A estrutura do plan de apoio é variable, é dicir, depende do modelo que cada quen siga. O que si, dispoñemos dunha base que establece a orde de oposición. É a seguinte:

  • Xustificación e Marco Legal
  • Contextualización
  • Necesidades
  • Obxectivos
  • Contidos
  • Recursos
  • Metodoloxía e actividades
  • Temporalización
  • Avaliación
  • Propostas de Mellora
  • Programas de intervención

Este índice do plan de apoio ben dado polas rúbricas que se adxuntan na orde de oposición. Dentro de cada un dos citados apartados recóllese o que deben conter. Por exemplo, no apartado RECURSOS, indica que se deben incluír as seguintes cuestións:

Funcións do AL/PT

Recursos humanos (internos e externos)

Recursos materiais xenéricos e específicos (ideas para recursos)

Recursos organizativos

Recursos externos ao centro

Organización da aula de AL/PT

Ademais do que na rúbrica se recolle, eu adoito facer aportacións para darlle valor ao documento entre as que destaco o axuste das propostas que se realizan á realidade social na que vivimos, apostar polas relacións familia – escola e dar importancia á presenza do AL e/ou PT no centro, reflexando así ao longo de todo o documento.

Dos apartados citados anteriormente, doulle moita importancia á metodoloxía e á avaliación. Ao meu parecer son dous piares básicos na práctica docente e así o intento transmitir no deseño do plan de apoio.

FORMATO DO PLAN DE APOIO

O deseño do plan de apoio debe cumprir cuns requisitos establecidos pola orden de oposición. Estas directrices son as seguintes:

  • 60 páxinas sen contar a portada e os anexos
  • Tipo de letra: Arial
  • Tamaño da letra: 12
  • Interlineado: 2 ptos.

Pódense empregar negriña, cores, subraiados, cursivas, viñetas,… Todo aquel formato que non apareza censurado pola orden é libre de ser empregado.

Das 60 páxinas que podemos escribir faise un 30 – 30, é dicir, 30 páxinas para montar os seis programas de intervención que temos que recoller dentro do documento xeral, e as outras 30 páxinas para o resto dos apartados que se mencionan no epígrafe de Estrutura do plan de apoio deste post.

Adoitades ter dúbidas con respecto ao emprego de táboas. Pódense empregar, de feito, eu recomendo facer uso delas sempre que sexan funcionais e teñan contidos que se adapten a este formato, como por exemplo a distribución do alumando entre as unidades do centro.

Nos anexos do Plan de Apoio podemos empregar calquera letra, tamaño e interlineado.

¡Cada un dos plans é único!

Si déseas más información sobre cómo preparar tu Plan de Apoyo haz click en saber más.

“Innovar é atopar novos ou mellorados usos ós recursos dos que xa dispoñemos”. 

Peter Drucker

👉 Haz click sobre la imagen para acceder a una clase 👩🏻‍🏫 totalmente gratuita 🎁 en la que te explico mas en profundidad cómo realizar este documento.

📚 También recibirás como regalo mi Ebook: 12 puntos clave para diseñar tu Plan de Apoyo

Píldoras potentes para opositores

Te regalo mi guía sobre cómo ser un opositor eficiente

Conoce cómo te puedo ayudar

oposiciones pt, pedagogía terapéutica oposiciones

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Se utilizan cookies para optimizar la web y el servicio.    Ver Política de cookies
Privacidad